• Festival de Cans 2026

Tenda Oficial Festival de Cans

Benvido á tenda online do Festival de Cans, a cita anual alternativa máis divertida do audiovisual galego! Aquí, co noso canciño por bandeira, poderás atopar gran variedade de produtos relacionados con nós. Non o dubides e bota unha ollada! Se queres estar ao tanto das novas do certame ou coñecer máis de preto que é o agroglamour, visítamos en www.festivaldecans.com
O Festival de Cans está organizado pola Asociación Cultural Arela, ademais da axuda que prestan os diferentes colaboradores e a imprescindible complicidade dos veciños. Mercando algún produto desta tenda electrónica ti tamén contribuirás a facer posible o festival!

CONSULTA A GRELLA DE PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL DE CANS 2026

RECOLLIDA DE ENTRADAS

As entradas para as Seccións oficiais a concurso, de Ficción e Animación e Furacáns (Non Ficción), recolleranse no posto de merchandising do festival, o mércores, xoves, venres ou sábado, ensinando correo-e de confirmación de compra  e un documento acreditativo.

As entradas para as actividades paralelas, de 360 curvasMounqup Víctor Coyote, recolleranse no posto de merchandising do festival, durante as xornadas do mércores, xoves, venres ou sábado, según proceda. O control de acceso farase directamente na porta de entrada ao espazo desde 30 minutos antes do comezo da actividade. Se non se recolleu a entrada previamente, será preciso ensinar o correo-e de confirmación de compra e un documento acreditativo.

HORARIO POSTO DE MERCHANDISING

Mércores, 21 de maio | De 21.00h a 23.00h | Torreiro de Cans

Xoves, 22 de maio | De 16.30h a 22.30h | Círculo Recreativo Cultural de O Porriño

Venres, 23 de maio | De 16.30h a 22.30h | Cans Voulevar - Estrada de acceso ao Torreiro de Cans

Sábado, 24 de maio | De 9.00h a 22.30h | Cans Voulevar - Estrada de acceso ao Torreiro de Cans