• Festival de Cans 2024

Tenda Oficial Festival de Cans

Benvido á tenda online do Festival de Cans, a cita anual alternativa máis divertida do audiovisual galego! Aquí, co noso canciño por bandeira, poderás atopar gran variedade de produtos relacionados con nós. Non o dubides e bota unha ollada! Se queres estar ao tanto das novas do certame ou coñecer máis de preto que é o agroglamour, visítamos en www.festivaldecans.com
O Festival de Cans está organizado pola Asociación Cultural Arela, ademais da axuda que prestan os diferentes colaboradores e a imprescindible complicidade dos veciños. Mercando algún produto desta tenda electrónica ti tamén contribuirás a facer posible o festival!

CONSULTA A GRELLA DE PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL DE CANS 2024

RECOLLIDA DE ENTRADAS

As entradas para as Seccións oficiais a Concurso, Ficción e Animación e Furacáns (Non Ficción), recolleranse no posto de merchandising do festival, o mércores, xoves, venres ou sábado, indicando localizador, nome e apelidos e ensinando un documento acreditativo.
*Excepcionalmente, as entradas para as sesións matinais das Seccións oficiais a Concurso poderán ser recollidas ao lado da marquesina do autobús sita ao carón da Rotonda de Adroza o sábado pola mañá a partir das 9h.

O control de acceso para as actividades do Invernadoiro farase directamente na porta de entrada o espazo desde 30 minutos antes do comezo da actividade. A tal efecto, será preciso ensinar o correo-e de confirmación de compra e un documento acreditativo.