Festival de Cans

Condicións Xerais de Compra

Os presentes termos e condicións de venda atribuiranse ás operacións de venda de produtos realizadas en "tenda. festivaldecans.com" e aplicaranse aos clientes que acepten as condicións de compra, pago e garantía de produtos.

A entidade coa que se realizan as transaccións comerciais que teñen lugar neste sitio web é: 

Asociación Cultural e Deportiva ARELA do Porriño (en adiante FESTIVAL DE CANS)
CIF: G36442192

Ámbito de aplicación

Os presentes termos e condicións de venda aplicaranse ás vendas realizadas por FESTIVAL DE CANS a clientes residentes en España.

Pedidos

  • Todos os pedidos están condicionados á súa aceptación por FESTIVAL DE CANS, quen comunicará a aceptación do pedido axiña sexa razoablemente posible, xa sexa por medios electrónicos ou por calquera outro medio.

  • FESTIVAL DE CANS resérvase o dereito a cancelar calquera pedido aceptado que adoeza dalgún erro material en relación co pedido, o prezo ou calquera outras condicións publicadas no sitio "tenda. festivaldecans.com" que estean relacionadas co pedido do cliente, ou no caso de que unha posterior verificación das condicións crediticias do cliente así o aconsellen.

  • Pódense presentar circunstancias que imposibiliten a FESTIVAL DE CANS cumprir o prazo de entrega previsto. Polo tanto, tódalas datas comunicadas por FESTIVAL DE CANS para a entrega e o suministro de produtos son aproximadas e FESTIVAL DE CANS non pode garantir que o suministro se realice realmente no momento previamente acordado, excepto no caso de que FESTIVAL DE CANS confirmase tales datas de reparto explícitamente como vinculantes.

  • FESTIVAL DE CANS fará o que estea razonablemente o seu alcance para cumprir a data de entrega. Os pedidos serán entregados de acordo aos prazos indicados neste enlace.

Pedidos Falsos

Cada pedido está relacionado cunha dirección IP determinada, as mesmas non adoitan ser utilizadas para ningunha función en concreto. Non obstante, reservámonos o dereito a usalas para emprender medidas legais contra aquelas persoas que realizan pedidos falsos de material, sen ánimo algún de recollelo nin pagalo. Nestas situacións, actuaremos pola vía penal, ao amparo do ordenamento xurídico establecido, e en colaboración con medios policiais ao efecto, tomaranse as medidas oportunas para acabar con eses pedidos fraudulentos. Todos os gastos administrativos, avogados, procuradores cargaránselle ao cliente.

Datos do cliente

Vostede é responsable de:

  • Presentar datos verídicos, exactos, actuales e completos sobre a súa identidade persoal, tal e como se solicita na zona de rexistro do sitio web de FESTIVAL DE CANS.
  • Manter ditos datos e efectuar inmediatamente actualizacións para asegurar a súa exactitude, actualidade e totalidade.

Ademais, vostede é responsable da seguridade e custodia da contraseña que se lle adxudica. FESTIVAL DE CANS non asume responsabilidade algunha polo uso non autorizado de contraseñas.

Prezo

  • Todos os prezos son con IVE incluído.
  • FESTIVAL DE CANS resérvase o dereito de modificar unilateralmente os prezos sen previo aviso.
  • O cliente pagará, ao estar incluídos no prezo, os impostos sobre as vendas, o uso, consumo, bens, servizo, ive ou imposto equivalente.

ENTREGA DOS PRODUTOS

Para a entrega dos produtos FESTIVAL DE CANS pon a disposición dos seus clientes a seguinte opción:

  • Envío por empresa de mensaxería.
    * Ver condicións no seguinte punto.

CONDICIÓNS DE ENVÍO

O transporte dos artigos comprados en FESTIVAL DE CANS realizase a través dunha empresa de mensaxería.

coste e os prazos de entrega serán os seguintes:  

  • Envíos a España Penínsular: Prazo de entrega 24/48h.
    • Pedidos inferiores a 50€: 6,00€/envío.
    • Pedidos superiores a 50€: envío GRATIS.
  • Envíos a Illas/Ceuta/Melilla: non se realizan envíos a estas zonas.

Os costes de envío poden ser modificados en calquera momento sen previo aviso. Dito cambio será aplicable a partir do momento en que se inclua a modificación nas páxinas de axuda, e o contrato publicado nesta páxina web. En todo caso, serán válidos aqueles costes de envío que aparezan no momento de realizar o pedido.

Estos prazos poden ser superiores durante algunhas semanas do ano, como por exemplo o período de Nadal.

É responsabilidade do cliente atoparse na dirección facilitada a FESTIVAL DE CANS para a entrega.

A responsabilidade de FESTIVAL DE CANS queda limitada en casos de forza maior.

ENVÍO E RISCO POR PERDA OU DANO

  • O risco por perda ou dano entenderase transmitido por FESTIVAL DE CANS ao cliente no momento de efectuarse a recepción no domicilio de entrega. Os portes e demais gastos de envío indicaranse por separado na factura de FESTIVAL DE CANS cando non estean incluidos no el prezo de compra do produto. A titularidade dos produtos pasará de FESTIVAL DE CANS ao cliente no momento da entrega dos produtos.
  • Si se acordaran instruccións de embalaxe ou envío especiais a petición do cliente, os oportunos cargos serán facturados por separado, e o risco de perda ou dano se transmitirá ao cliente no momento de efectuar a entrega ao transportista do cliente ou á persoa designada por éste para recibir os produtos.

DEVOLUCIÓN DE PRODUTOS

Devolución dun artigo

O noso compromiso é brindar de forma satisfactoria os artigos que ofertamos na nosa tenda online. Se cando reciba o su pedido non queda satisfeito, ten un prazo de catorce (14) días naturais, a contar dende a data de recepción para executar o dereito de devolución.

Para realizar a devolución, o artigo deberá presentarse en bo estado, así como o seu embalaxe orixinal.

Devolucións dende o domicilio do cliente

Deberá comunicar a devolución dun artigo mediante correo electrónico a tenda@festivaldecans.com. O medio e coste de envío será elexido e asumido polo cliente.

A dirección para o seu retorno é:

Rúa Manuel Rodríguez, 16
36400 O Porriño (Pontevedra)

Unha vez recibida amercancía e previa comprobación do estado da mesma, procederase ao reintegro do seu importe; os gastos producidos pola devolución serán por conta do cliente.

Abono de importes

O reembolso como consecuencia dunha devolución será igual ao importe de compra do produto devolto e efectuarase no menor prazo posible a partir da recepción e revisión da mercancía pola nosa nosa parte (nunca superior a 15 días). O abono realizarase no mesmo medio utilizado para o pago dopedido (tarxeta de crédito/débito), os prazos interbancarios poden atrasar algúns días o crédito efectuado na súa conta. 

Pago Seguro a través de tarxeta de crédito/débito

Na nosa tenda online aceptamos as seguintes tarxetas: Mastercard, Visa crédito, Visa débito.

O importe total da súa compra incluído o IVE será cargado na súa tarxeta de crédito no momento de concluír o proceso de realización de pedido.

Garantímoslle que cada unha das transaccións realizadas por FESTIVAL DE CANS son 100% seguras. Todas as operacións que implican a transmisión de datos persoais ou bancarios realízanse utilizando unha contorna segura.

Os datos da tarxeta de crédito non quedan rexistrados en ningunha base de datos senón que introdúcense directamente no TPV de Banco Sabadell (Terminal Punto de Venda do Banco). Os datos da súa tarxeta en ningún momento serán procesados por FESTIVAL DE CANS.

Por motivos de seguridade e para evitar un posible fraude, nalgúns casos, podemos necesitar verificacións adicionais. Porémonos en contacto telefonicamente ou por correo electrónico para solicitarlle documentación adicional. Sentimos as molestias que este proceso poida ocasionarlles pero con estas medidas protexemos a seguridade das súas tarxetas de crédito.

A pasarela de pago solicitaralle sempre os seguintes datos sobre a súa tarxeta VISA, MASTERCARD:

  • o número de tarxeta (PAN),
  • a data de caducidade, e
  • un Códgo de Validación (CVV) que coincide coas 3 últimas cifras do número impreso en cursiva no reverso da túa tarxeta.

Unha vez introducidos os seus datos, a operación é enviada á entidade emisora da tarxeta, a cal valida, a autenticación da operación. A entidade emisora da tarxeta comproba por tanto a autenticidade da titularidade.