• Festival de Cans 2025

Tenda Oficial Festival de Cans

Benvido á tenda online do Festival de Cans, a cita anual alternativa máis divertida do audiovisual galego! Aquí, co noso canciño por bandeira, poderás atopar gran variedade de produtos relacionados con nós. Non o dubides e bota unha ollada! Se queres estar ao tanto das novas do certame ou coñecer máis de preto que é o agroglamour, visítamos en www.festivaldecans.com
O Festival de Cans está organizado pola Asociación Cultural Arela, ademais da axuda que prestan os diferentes colaboradores e a imprescindible complicidade dos veciños. Mercando algún produto desta tenda electrónica ti tamén contribuirás a facer posible o festival!


CONSULTA A GRELLA DE PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL DE CANS 2025

RECOLLIDA DE ENTRADAS

As entradas para as Seccións oficiais a concurso, de Ficción e Animación e Furacáns (Non Ficción), recolleranse no posto de merchandising do festival, o mércores, xoves, venres ou sábado, indicando localizador, nome e apelidos.
*Excepcionalmente, as entradas para as sesións matinais das Seccións oficiais a concurso poderanse recoller ao lado da marquesina do autobús sita ao carón da Rotonda de Adroza o sábado pola mañá a partir das 9h.

As entradas para as actividades paralelas, de Mondra, Lúa Mosquetera e Susana Seivane, recolleranse no posto de merchandising do festival, durante as xornadas do mércores, xoves, venres ou sábado. O control de acceso farase directamente na porta de entrada ao espazo desde 30 minutos antes do comezo da actividade. Se non se recolleu a entrada previamente, será preciso ensinar o correo-e de confirmación de compra e un documento acreditativo.