TERMOS E CONDICIÓNS VENTA DE ENTRADAS FESTIVAL DE CANS 2020
A adquisición desta entrada significa a aceptación das seguintes condicións:
- A Organización non garante a autenticidade das entradas que non sexan adquiridas nos puntos de venta oficiais, polo que neste caso declina toda responsabilidade e non se permitirá o acceso ao recinto/sala a todo portador dunha entrada emendada, rota ou con indicios de falsificación.
- Non se admiten devolucións. No caso de efectuarse un cambio da persoa asistente, este terá que ser notificado con antelación ao día do evento á organización no seguinte correo tenda. festivaldecans.com. De non facerse este trámite, a persoa non poderá acceder ao recinto/sala.
- Requírese puntualidade. Non se permite o acceso ao jalpón(sala) unha vez iniciada a sesión.
- Ao entrar ao recinto/sala, o público pode estar suxeito a un rexistro segundo a Lei, non permitindo a entrada de obxectos que podan ser considerados perigosos pola Organización ou estean prohibidos pola normativa vixente tales como sustancias ilegais, armas ou obxectos perigosos.
- A venda e despacho a menores de idade de bebidas alcohólicas durante o festival está totalmente prohibida, así como o seu consumo, polo que non se despacharán bebidas alcohólicas a menores de idade. Igualmente, prohíbese o consumo de bebidas alcohólicas a menores de idade aínda que estas foran adquiridas fóra do festival.
- Resérvase o dereito de admisión
- É obrigatorio silenciar ou desconectar calquera tipo de aparato electrónico e silenciar as alarmas dos reloxos e os teléfonos móbiles unha vez comece a sesión.
- No caso de suspensión ou cancelación do acto, a devolución do importe será feita ao comprador das entradas polo mesmo medio que as adquiriu. O importe devolverase con desconto das cantidades correspondentes por xestión da compra.
- Os grupos de persoas accederán xuntos ao recinto para poder ser acomodadas como tales. Para o acceso ao recinto e a acomodación como grupo terase que cumprir cos requisitos e medidas hixiénicas que sexan obrigatorias na data de celebración do evento. A organización entenderá que un mesmo grupo que teña adquiridas as entradas nunha mesma transacción, ou que se presente como tal, pertence a unha mesma unidade de convivencia. Este grupo será ubicado en localidades contiguas, sen necesidade de respectar a distancia de seguridade, pero debendo cumprir o resto de obrigas sanitarias. A Organización declina toda responsabilidade derivada de contaxio por Covid-19 se o grupo incumprise as obrigas establecidas pola normativa vixente e, en particular, se as persoas integrantes do grupo non pertencen á mesma unidade de convivencia.
- Os asistentes deben levar consigo o DNI ou outro documento identificativo válido orixinal.
- Todo asistente poderá ser sometido a un rexistro polo equipo seguridade no acceso ao evento, seguindo as directrices da Lei de Espectáculos Públicos e Seguridade Privada. En caso de negarse ao rexistro, seralle rexeitada a entrada ao evento.
- A organización do evento non se fai responsable das entradas roubadas.
- Está terminantemente prohibido gravar, retransmitir e/ou filmar o evento con equipo profesional sen permiso previo da organización.
- A organización poderá gravar, retransmitir e filmar aos asistentes. O público asistente poderá aparecer DE XEITO INCIDENTAL* en imaxes tomadas por diferentes medios de comunicación, a Organización ou terceiros autorizados por esta ou calquera artista para a súa posterior difusión, consentindo expresamente un uso promocional das imaxes captadas.
*Enténdese por toma incidental de imaxes dunha persoa toda gravación de imaxes dunha persoa realizada con motivo da gravación de imaxes de grupo, paisaxes e outras similares que, inclúan a imaxe de unha ou máis persoas, que aparezan de modo aleatorio e non predeterminado con motivo de documentar eventos ou informar sobre acontecementos de actualidade, sen que o propósito da gravación sexa a fixación da imaxe da persoa ou persoas que nela aparecen, polo que, eventualmente, esta persoa ou persoas poden ser recoñecibles en función de cómo sexa a súa imaxe fixada.
Protocolo COVID-19
1. Uso do tapabocas?
- Na data de celebración do evento o uso do tapabocas debe seguir as normas estipuladas pola Lei vixente.
- Para as persoas de seis o máis anos será obrigatorio el uso de tapabocas en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poda garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
- Na ringleira de acceso, no acceso á cadeira, no desaloxo e en calquera outra situación na que abandones a cadeira como ir ao baño ou ir buscar unha bebida. Só podes retirala cando esteas consumindo/bebendo na cadeira.
2. Acceso e desaloxo
- No acceso: as cadeiras serán ocupadas por numeración da entrada, completando o aforo desde a primeira ringleira até a última.
- No desaloxo: a orde de saída será á inversa; empezando pola última ringleira.
- Prégase que se respecten as distancias con aquelas persoas que non son acompañantes.
3. Para pedir unha consumición naqueles espazos que dispoñan deste servizo: uso obrigatorio de tapabocas no acceso á barra e non consumir de pé, só sentado na cadeira.
Agradecémosvos a vosa colaboración nestas medidas para a seguridade de todas e todos.
CONDICIÓNS PARTICULARES DE COMPRA DE PACKS
Introdución
O Festival de Cans porá á venda 400 packs de entrada + camiseta o día 27 de xullo. 200 packs serán para a sesión de mñá e 200 para a sesión de tarde.
* O pack consta de dous produtos: entrada + camiseta. En ningún caso, os produtos se venderán de forma separada.
As entradas permitirán acceder á proxección das curtametraxes da sección oficial a concurso de ficción e animación que terá lugar o sábado 5 de septembro.
* No reverso da entrada atoparase información sobre horarios e salas.
Chapa regalo
O pack incluirá unha chapa regalo de tirada limitada, soamente dispoñible para os compradores do produto por internet.
Programa de man
Os compradores do pack de entrada + camiseta teñen dereito a desfrutar do programa de man do festival de xeito gratuito. Poderán solicitalo no posto de merchandising do evento a razón dun programa por entrada.
Pago Seguro
O método de pago dispoñible na nosa plataforma é:
- Con tarxeta: Visa crédito, Visa débito ou Mastercard.
Cambio e Devolución de produtos
Estes produtos non admitirán cambios, nin devolucións.
* A tal efecto, o atributo talle de camisetas conta cunha guía de medidas.
Proceso de compra
Elixido o produto segundo sesión (matinal ou de tarde), será preciso seleccionar a opción preferente no tocante aos seguintes atributos:- Nº de entradas: 1, 2, 3, 4, 5, 6
* O número máximo de entradas por compra é 6. - Talla de camiseta: S, M, L, XL, XXL, 3XL
Haberá dispoñibles camisetas unisex e de moza polo que para evitar confusións se recomenda pór atención na elección da opción dexesada.
* O número de entradas e de camisetas (talle) elixidos terán que ser iguais. - Tenda de recollida:
- Nikis A Coruña (Rúa Real, 49)
- Nikis Compostela (Rúa Preguntoiro, 26)
- Nikis Lugo (Rúa Progreso, 5 - 11)
- Nikis Ourense (Rúa San Martiño, 5 (Casco Vello))
- Nikis Vigo (Praza da Pedra, 1)
- Tía Tata O Porriño (Rúa Ramón González, 33)
* Soamente se poderá elixir unha tenda de recollida por compra.
Para completar a compra, o usuario terá que rechear unha serie de campos con información de contacto e de pago.
Unha vez recibida a confirmación de pago por parte do Festival de Cans, considerarase realizada a compra, enviando o sistema un correo electrónico ao comprador nas seguintes 24 / 48 horas no cal se adxuntará unha entrada virtual. A entrada conterá un localizador (enviarase unha entrada virtual por compra, o localizador inserto conterá toda a información relativa á compra realizada).
* Por favor revisa a carpeta de SPAM do teu correo. Pode que o correo que contén a entrada virtual vaia a parar alí.
A partir do día 17 de agosto, poderase acudir ás tendas seleccionadas para recoller os packs de entrada + camiseta. A tal efecto, será preciso mostrar a entrada virtual na tenda de recollida elixida ou simplemente comunicar ao responsable da mesma o nome completo e localizador.