Festival de Cans

CONDICIÓNS PARTICULARES DE COMPRA DE PACKS


Introdución

O Festival de Cans porá á venda 450 packs de entrada + camiseta o día 9 de abril.

* O pack consta de dous produtos: entrada + camiseta. En ningún caso, os produtos se venderán de forma separada.

As entradas permitirán acceder á proxección das curtametraxes da sección oficial a concurso de ficción e animación que terá lugar o sábado 25 de maio, 150 entradas serán para a sesión matinal e 300 para a sesión de tarde.

* No reverso da entrada atoparase información sobre horarios e salas.

Chapa regalo

O pack incluirá unha chapa regalo de tirada limitada, soamente dispoñible para os compradores do produto por internet.

Programa de man

Os compradores do pack de entrada + camiseta teñen dereito a desfrutar do programa de man do festival de xeito gratuito. Poderán solicitalo no posto de merchandising do evento a razón dun programa por entrada.

Pago Seguro

O método de pago dispoñible na nosa plataforma é:

  • Con tarxeta: Visa crédito, Visa débito ou Mastercard.

Cambio e Devolución de produtos

Estes produtos non admitirán cambios, nin devolucións.

* A tal efecto, o atributo talle de camisetas conta cunha guía de medidas.

Proceso de compra

Elixido o produto segundo sesión (matinal ou de tarde), será preciso seleccionar a opción preferente no tocante aos seguintes atributos:

  • Nº de entradas: 1, 2, 3, 4, 5, 6

    * O número máximo de entradas por compra é 6.

  • Talla de camiseta: S, M, L, XL, XXL, 3XL
    Haberá dispoñibles camisetas unisex e de moza polo que para evitar confusións se recomenda pór atención na elección da opción dexesada.

    * O número de entradas e de camisetas (talle) elixidos terán que ser iguais.

  • Tenda de recollida:
    • Nikis A Coruña (Rúa Real, 49)
    • Nikis Compostela (Rúa Preguntoiro, 26)
    • Nikis Lugo (Rúa Progreso, 5 - 11)
    • Nikis Ourense (Rúa San Martiño, 5 (Casco Vello))
    • Nikis Vigo (Praza da Pedra, 1)
    • Tía Tata O Porriño (Rúa Ramón González, 33)

    * Soamente se poderá elixir unha tenda de recollida por compra.

Para completar a compra, o usuario terá que rechear unha serie de campos con información de contacto e de pago.

Unha vez recibida a confirmación de pago por parte do Festival de Cans, considerarase realizada a compra, enviando o sistema un correo electrónico ao comprador nas seguintes 24 / 48 horas no cal se adxuntará unha entrada virtual. A entrada conterá un localizador (enviarase unha entrada virtual por compra, o localizador inserto conterá toda a información relativa á compra realizada).

* Por favor revisa a carpeta de SPAM do teu correo. Pode que o correo que contén a entrada virtual vaia a parar alí.

A partir do día 2 de maio, poderase acudir ás tendas seleccionadas para recoller os packs de entrada + camiseta. A tal efecto, será preciso mostrar a entrada virtual na tenda de recollida elixida ou simplemente comunicar ao responsable da mesma o nome completo e localizador.